Atención! Se pechas esta ventá, volve cargar o navegador ou abres outras ventás, o proceso de compra reiniciarase.
Política de acceso ao XVII Festival Alternativo Millo Verde
ACEPTACIÓN E INCORPORACIÓN CONTRACTUAL
A adquisición da presente entrada outorga ao adquirente o acceso ao recinto musical do Festival Millo Verde. A entidade resérvase o dereito a poñer á venda entradas diferentes ás consideradas nas presentes condicións, previa publicación destas polo mesmo medio.
O contrato polo que se adquire a entrada estará rexido polas seguintes condicións xerais:
ENTRADA
Unha vez adquirida, a entrada non será cambiada nin será reembolsado o seu importe. En caso de anulación total do evento, a Organización comprométese a devolver o importe da entrada, pero non o custo de distribución que os canais de venda aplican ao prezo da mesma, ao tratarse deste dun servizo prestado polos canais de venda no momento da compravenda da entrada. En ningún caso se devolverá o importe das entradas se a cancelación se produciu unha vez comezado o festival. A Organización resérvase o dereito a modificar, suspender ou alterar calquera das actividades e actuacións propostas no cartel.
O número máximo de entradas que se pode adquirir por comprador/a é de 10 entradas.
A entrada será canxeadora por un método de identificación persoal e intransferible que permite o acceso ao recinto do festival Millo Verde. O método de identificación entregado non poderá ser reutilizado por varias persoas.
As entradas só poderán ser adquiridas nos canais de venda autorizados pola organización, non facéndose responsable das entradas que non se adquiriron por ditos canais de venda. Toda entrada duplicada, danada, rota ou con indicios de falsificación, autorizará á Organización a impedir ao seu portador o acceso ao recinto, así como a tomar as medidas legais pertinentes contra o titular da mesma, que asume toda responsabilidade no caso de que esta se presente por duplicado, fotocopiada ou falsificada. Infórmase á respecto, da realización de controis electrónicos de seguridade á entrada do recinto con tecnoloxía de lectura de detección de entradas fraudulentas. A admisión queda supeditada ao feito de dispoñer da entrada completa e en boas condicións.
A entrada é persoal e intransferible: non se poderá reutilizar unha mesma pulseira para varias persoas.
A Organización do festival non se fai responsable de ningún roubo, dano ou outra actuación delitiva que se poida ocasionar dentro do recinto do festival.
ADMISIÓN
A Organización resérvase o dereito de admisión, segundo a lexislación vixente.
As persoas que vaian acceder ao recinto do festival Millo Verde polos accesos sinalados pola Organización, poderán ser rexistradas. O rexistro será realizado por persoas legalmente habilitadas e cumprido coas disposicións legais en materia de control de accesos a recintos de pública concorrencia. A seguridade do público e das e dos profesionais que traballan no festival é unha prioridade para a Organización.
MENORES DE EDAD
En cumprimento do disposto no Real Decreto 2816/1982, e da Lei do Parlamento de Galicia 11/2010, a Organización do Festival MILLO VERDE establece as seguintes normas de acceso para menores de idade
: Á hora de adquirir a entrada para un menor, deberase identificar a idade deste mediante o formulario habilitado para iso na plataforma de venda de entradas.
Regúlanse os seguintes grupos:
Menores con idades comprendidas entre os 13 e os 16 anos:
• Durante o evento deben permanecer en compañía da persoa indicada no formulario
• Deben cumprimentar os datos da nai, pai ou titor legal • Anexaráse o DNI propio e da persoa acompañante
• Na entrada do Festival entregaráselle ao menor a identificación correspondente
• Prohíbese o consumo de bebidas alcohólicas dentro do recinto do Festival Menores con idades comprendidas entre os 16 e 17 anos:
• Deben cumprimentar os datos da nai, pai ou titor legal Anexaráse o DNI propio e da persoa que autoriza
• Na entrada do Festival entregaráselle ao menor a identificación correspondente
• Prohíbese o consumo de bebidas alcohólicas dentro do recinto do Festival O acceso será gratuíto para menores de 13 anos.
En cumprimento da normativa vixente, a Organización establece as seguintes normas xerais para menores de idade dentro do recinto do festival:
• A venda e dispensación a menores de bebidas alcohólicas durante o festival está totalmente prohibida, así como o seu consumo, polo que non se dispensarán bebidas alcohólicas a menores. Do mesmo xeito, prohíbese o consumo de bebidas alcohólicas a menores
. • Todo menor que careza de pulseira ou que non se atope ao cargo de/ autorizado por un maior de idade, será expulsado do recinto, previa posta en coñecemento das autoridades competentes.
• Todo menor que extravíe a súa identificación deberá solicitar inmediatamente unha nova na Entrada do Festival. • Todo menor que sexa atopado consumindo bebidas alcohólicas dentro do recinto será posto baixo o control dos seus pais ou tutores. Se estes non puideran facerse cargo do menor, ou así o reclamasen, o menor será expulsado do recinto previa posta en coñecemento das autoridades competentes ou seguindo as instrucións dos seus pais ou tutores, segundo corresponda. No proceso de expulsión, o menor estará ao coidado da organización do festival ata que un maior poida facerse cargo del ou sexa posto ao coidado das autoridades. • Os responsables dos menores e estes mesmos declaran que foron informados da política de protección de datos e aceptan o seu tratamento.
En cumprimento co regulamento (UE) 2016/679 RGPD, informamos de que os datos facilitados no formulario formarán parte dunha base de datos propiedade da entidade titular do evento Festival Millo Verde, cuxo uso será únicamente a xestión do evento e o control do acceso.
Mediante a firma do formulario habilitado na plataforma de venda de entradas, o proxenitor/a ou titor/a autoriza ao Festival Millo Verde a que as imaxes dos asistentes ao evento poidan ser publicados e/ou compartidos:
Na web de milloverde.org
Nas redes sociais (Youtube, twitter, Facebook...) do Festival Millo Verde.
En medios de comunicación
Por último, consinte firmemente que a entidade non devolva o importe abonado ao menor ou se denegue a súa entrada ao recinto, no caso de ter incumprido algunha das condicións ou de non ter aportado a documentación correcta e necesaria.
A Organización do evento poderá denegar o acceso ou ben expulsar do recinto a quen incumpla as presentes Condicións Xerais de Uso, a quen desatenda as indicacións do persoal da Organización e de Seguridade e a quen provoque unha situación de risco para si mesmo ou para as outras persoas asistentes ao evento: manifestando actitudes violentas, portando drogas ou mostrando síntomas de telas consumido, atopándose en estado de intoxicación aparente ou potencial, dificultando o desenvolvemento normal do evento, introducíndose en espazos de acceso restrinxido pola Organización, etc. Responsabilizándose persoalmente o/a portador/a, en todos os casos, polas súas propias accións e omisións cando estas provoquen lesións a terceiros ou danos materiais.
Calquera intento de estafa, violación, subtracción, roubo, así como os danos á propiedade persoal causados directa ou indirectamente á Organización, artistas ou empregados da mesma autorizan a esta a emprender as medidas legais, tanto civís como penais, que estime oportunas contra os/as causantes.
O público asistente poderá aparecer de maneira incidental en imaxes tomadas polos diferentes medios de comunicación, a organización ou terceiros autorizados por esta, ou calquera artista para a súa posterior difusión, consentindo expresamente un uso promocional e/ou comercial das imaxes captadas. A asistencia ao evento supón a aceptación de que se faga uso de forma gratuíta e sen contraprestación algunha, da súa voz, imaxe e nome en retransmisións televisivas, radiofónicas ou redes sociais, en directo ou en diferido, en vídeo, en fotografías ou en calquera outro medio ou soporte presente ou futuro. Estas imaxes poderán ser eliminadas sempre que o interesado o faga saber á organización.